Praza de auxiliar administrativo. Promoción interna.

Data presentación

ANUNCIO NO BOE DA CONVOCATORIA DUNHA PRAA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (PI)

O BOE número 57 do 8 de marzo de 2023 publica a resolución de 3 de febrero de 2023, do Concello de Teo (A Coruña), referente á convocatoria para proveer una praza de auxiliar administrativo por promoción interna.

Consulta aquí o anuncio completo publicado no BOE.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

Deste xeito o prazo esténdese do 9 de marzo ao 5 de abril de 2023. 

Publicado en teo.gal o 8 de marzo de 2023. 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/A (PROMOCIÓN INTERNA)

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 23, do 2 de febreiro de 2023, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, quenda de promoción interna, proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

Publicado en teo.gal o 2 de marzo de 2023.

PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE PROMOCIÓN INTERNA, DUNHA (1) PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O, FUNCIONARIA/O DE CARREIRA, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021

O BOP número 23 do 2 de febreiro de 2023 publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2021.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 114/2023, de 27 de xaneiro, aprobou as bases xerais, específicas e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de auxiliar administrativa/o, funcionaria/o de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria pódense consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 3 de febreiro de 2023