O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Listaxes definitivas nas escolas infantís municipais 2022-23

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publícase a listaxe definitiva das escolas infantís municipais 2022

O prazo de matrícula está aberto do 1 ao 15 de xuño.

Podes descargar o impreso de matrícula, o impreso para a domiciliación bancaria e a documentación coa información necesaria para realizalar o procedemento.

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:
1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22

2. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non
ser así perderíase a praza.

3. O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.

4. Todas as persoas que se matriculen deben achegar:
➔ Declaración da renda do ano 2021 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.
➔ Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
➔ No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu
antes do 1 de xuño.
➔ Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.

5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen
concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están
interesadas en manter esta situación.

6. A formalización da matrícula pode facerse:

➔ Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda e o libro de vacinación.
➔ Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, a declaración da renda e o libro de vacinación.

7. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:
➔ Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas).
➔ Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).
➔ Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación:
Almorzo: 7:30 a 9:00 horas
Xantar: 12:30 a 14:00 horas
Merenda: 17:30 a 18:30 horas
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Publicado en teo.gal o 23 de maio de 2022.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS EIMs

Reunida a comisión de baremación das escolas infantís municipais publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais para o curso 2022-2023. 

Consulta aquí as listaxes provisionais

Información sobre as listaxes:

  1. Os expedientes están identificados do seguinte xeito: a) No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22 b) No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22
  2. Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva.
  3. O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente RECLAMACIÓNS cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello ATA O DÍA 16 DE MAIO (ESTE INCLUÍDO) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.
  4. Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións.
  5. Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356.
  6. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.
  7. Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais. Este prazo de matrícula desenvolverase entre o 1 e o 15 de xuño (ambos incluídos).

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2022. 

PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO. 

Teo conta con tres escolas infantís municipais, nos Tilos, en Calo e na Ramallosa. 

Abre o prazo para solicitar praza de novo ingreso nas EIMs dende o día 16 ata o 31 de marzo (ambos incluídos).

Esta é a modalidade para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou que teñan unha data prevista de parto que sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos poderanse recoller nas escolas infantís municipais, nos servizos sociais ou descargar premendo aquí

As correspondentes solicitudes poderán presentarse tanto no Rexistro Xeral do Concello como a través da sede electrónica.

No caso dos solicitantes de novo ingreso, a solicitude debidamente cuberta, deber ir acompañada da seguinte documentación. 

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA (De proceder da listaxe de agarda do curso anterior, e non producirse cambios na situación económica e sociofamiliar, non será necesario achegar a documentación)

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI de ambos os dous membros parentais ou responsables legais.
  • Declaracións da renda do exercicio anterior ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos da persoas responsables legais.

E nos casos nos que se deba xustificar algunha circunstancia específica pode ser preciso achegar:

  • Libro de familia numerosa
  • Certificado de cualificación da discapacidade e/ou informe médico de saúde.
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade, en caso de prazas de integración.
  • Xustificación de familia monoparental (núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análogo á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento).
  • En caso de non empadroamento, xustificación do arraigo no municipio que avale a solicitude.
  • Outros documentos nos que consten incidencias familiares económicas e sociais puntuables no baremo.

Este ano farase unha xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer as instalacións. Será o sábado 19 de marzo e para asistir hai que escribir a eimteo@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto. 

Os horarios das visitas son os seguintes:

  • Escola infantil de Calo 10:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil da Ramallosa: 11:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil dos Tilos: 12:00 h. Ubicación premendo aquí

Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou aos seguintes teléfonos dos Servizos Sociais: 881 819 356 ou 981 809 707.