O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

DIVERTEO SETEMBRO 2023

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

DIVERTEO SETEMBRO 2023

 

PARTICIPANTES:

Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.

 

HORARIO:

  • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.

  • Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.

 

LUGAR:

CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos.

 

DATAS: do 1 ao 8 de setembro (6 días).

 

INSCRICIÓN: do 17 ao 31 de xullo.

 

  • documentación obrigatoria para todas as solicitudes:

    • Folla de inscrición.

    • Foto tamaño carné da crianza.

    • Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.

    • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).

    • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

  • documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:

    • Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).

    • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

    • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

    • Declaracións da renda do exercicio 2022 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.

 

LISTAXE PROVISIONAL: 4 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

  • identificación das participantes nas listaxes:

    • No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23

    • No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23

PAGAMENTO: do 7 ata o 15 de agosto.

Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente) da dita Entidade. Así mesmo, pode realizar o pago da mesma a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.

Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.

Unha vez realizado o pagamento do mesmo deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal.

 

LISTAXE DEFINITIVA: 18 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

 

PREZO DIARIO:

Cada programa págase completo, NON por días soltos.

  • A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50diarios.

  • A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50ao día.

  • A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 por día.

  • A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.

 

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:

As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).


 

IMPORTANTE: NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS, A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.