RESULTADO PROCESO SELECTIVO. CONTRATACIÓN TÉCNICO/A DE TURISMO.
Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal dun/ha técnico de turismo para o Concello de Teo publícase a baremación de méritos.
Podes consultar a baremación de méritos e a proposta de contratación premendo aquí
Publicado en teo.gal o 21 de setembro de 2022.
RESULTADO SEGUNDO EXERCICIO. CONTRATACIÓN TÉCNICO/A DE TURISMO.
Publícase o resultado do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.
Podes consultar aquí o resultado.
Publicado en teo.gal o 20 de setembro de 2022.
RESULTADO PRIMEIRO EXERCICIO. CONTRATACIÓN TÉCNICO/A DE TURISMO.
Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.
A aspirante que superarou o primeiro exercicio está convocada para o segundo exercicio o 20 de setembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Podes consultar aquí o resultado.
Publicado en teo.gal o 14 de setembro de 2022.
DATA FASE DE OPOSICIÓN PROCESO CONTRATACIÓN TÉCNICO/A DE TURISMO
Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal dun/ha técnico de turismo para o Concello de Teo, acordou convocar ás persoas aspirantes, para a realización da fase de oposición do proceso selectivo nas seguintes datas:
1.- Cuestionario tipo test: 13 de setembro de 2022 ás 12:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
1.- Proba escriba: 20 de setembro ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Podes consultar aquí o anuncio completo
Publicado en teo.gal o 7 de setembro de 2022.
LISTAXE DEFINITIVA
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.
Consulta aquí a listaxe definitiva da convocatoria de técnico/a de turismo.
Os/as aspirantes omitidos/as na relación de presoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente na web e no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.
Convócase ao tribunal, para a súa constitución, o luns 5 de setembro de 2022 ás 12:30 horas na sala de xuntas da Casa Consistorial.
Publicado en teo.gal o 2 de setembro de 2022.
Pubícase a convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo.
A convocatoria publicouse no BOP do 17 de agosto, o prazo para participar neste proceso iníciase ao día seguinte da convocatoria e hai dez días naturais para presentar a documentación, co cal vai do 18 ao 29 de agosto.
Publicado en teo.gal o 17/08/2022.