Bolsa de emprego para a contratación dun/ha animador/a deportivo/a

Data presentación
Data presentación fin

CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E DATA DE EXAME

Publícase a acta de constitución do tribunal, para a selección, polo sistema de oposición, dunha persoa como animadora deportiva para o Concello de Teo. 

Tamén se publica a data de exame que será o vindeiro xoves 15 de decembro ás 09:30 horas no salón de plenos. 

Consulta a acta completa premendo aquí

Publicado en teo.gal o 24 de novembro de 2022. 

LISTA DEFINITIVA DA BOLSA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a.

Consulta aquí a lista definitiva. 

Os membros do tribunal cualificador reúnense o vindeiro día 18 de novembro de 2022, ás 9:00 horas, na Casa Consistorial, ao efecto de constitución do tribunal. A data para a realización do primeiro exercicio publicarase no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica deste Concello: www.teo.gal .

Publicado en teo.gal o 10 de novembro de 2022. 

LISTAS PROVISIONAIS DA BOLSA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para contratar con carácter temporal un/unha animador/a deportivo/a.

Consulta aquí a lista

As persoas excluídas ou omitidas na relación de de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cindo (5) días hábiles para reclamacións ou corrección de defectos, contados dende o día seguinte ao da publicación da lista provisional no taboleiro do Concello e na web. Deste xeito o prazo abrangue do venres 28 de outubro ata o venres 4 de novembro. 

Publicado en teo.gal o 27 de outubro de 2022. 

PRAZO PRESENTACIÓN INSTANCIAS BOLSA ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

O DOG número 193 do 10 de outubro de 2022 publica o ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para contratar con carácter temporal un/unha animador/a deportivo/a.

A Resolución da Alcaldía nº 1257/2022, do 28 de setembro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e o funcionamento da bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo vai do 11 ao 25 de outubro (ambos incluidos). 

Descarga a instancia premendo aquí

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 188, do 3 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria. Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Publicado en teo.gal o 10 de outubro de 2022.  

BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

O BOP número 188 do luns 3 de outubro publica o Anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de animador/a deportivo/a do Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Consulta aquí as bases da convocatoria.

Publicado en teo.gal o 3 de outubro de 2022.