AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA

Data presentación
Data presentación fin

En data 15 de xaneiro de 2018 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA”, Expediente núm. O-1/18, subvencionado no 97,40% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e de acordo co seguinte cadro de características:

  1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo

  2. Obxecto do contrato: AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA

  3. Expediente: O-1/2018

  4. Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica)

  5. Orzamento: 50.032,12 € máis 10.506,74 € de IVE

  6. Valor estimado do contrato: 50.032,12 €

  7. Clasificación: non se esixe

      Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo G subgrupo 4 categoría 1

  1. Garantía provisional: non se esixe

  2. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

  3. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €

  4. Prazo de execución: 2 meses

  5. Información: os pregos de cláusulas administrativas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

  6. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 – Teo – Teléfono 981 815 700, Fax: 981 809 401

Teo, 15 de xaneiro de 2018

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no DOG  e no BOP nº 29 do 9 de febreiro de 2018 e no Perfil do Contratante o mesmo día.