O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Deportes, Xuventude, Limpeza de Infraestruturas e Luminarias

Deste departamento tamén depende a programación e promoción deportiva, a xestión das infraestruturas deportivas e a coordinación das entidades deportivas do Concello. xestionará os programas e políticas de xuventude e voluntariado xuvenil. Dentro da área de Deportes algúns dos servizos que se prestan son:

  • Programación de cursos e actividades deportivas e de exercicio físico saudable para todos os vecinos e veciñas

  • Xestión do uso de instalacións

  • Información sobre actividades, trámites e dispoñibilidade de uso das instalacións

  • Información e atención especializada ao deportista

  • Atención a clubs e asociacións

  • Servizo de reservas das instalacións deportivas

A Concellaría de Mocidade ten como prioridade atender ás necesidades da rapazada: accións formativas, actividades de ocio no termo municipal, promoción de intercambios culturais ou promoción dun transporte público que atenda a demanda da dispersión poboacional,

Artellar mecanismos para unha maior participación da mocidade na toma de decisións e a permanente escoita e interacción coas asociacións xuvenís do Concello, así como a comunicación co IES de Cacheiras son prioridade para canalizar as decisións políticas referentes á rapazada.