O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Festeo

O FesTeo é unha xornada de festa e encontro no que se pon en valor o tecido asociativo e cultural do Concello. Haberá música, baile, deportes cultura urbana e teremos a presenza dos movementos sociais coa participación destacada das entidades teenses.

E para o fin de festa, sobre as 20.30 h, haberá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Será de balde e non é precisa inscrición previa.

Máis info en: https://www.teo.gal/gl/festeo

Festeo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia