O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola ecoloxista sobre arte e natureza

O sábado 22 de xaneiro teremos unha nova sesión da Escola ecoloxista. Neste caso farase unha creación artística efémera con elementos da natureza nos Tilos. Xuntarémonos na Biblioteca dos Tilos ás 16:00 horas.

A actividade está dirixida a rapazada de 10 a 18 anos. As persoas interesadas poden escribir a mocidade@teo.gal indicando os seu datos e se precisas transporte ata o lugar da actividade.

A Escola ecoloxista de Teo reúnese unha vez ao mes e trata temas relacionados co medio natural, a sostibilidade e está sempre moi atenta aos intereses da rapazada participante. Se queres asistir podes facelo a unha soa sesión e ver se che presta seguir participando.

escola escoloxista
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento