O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Charla en Francos sobre o risco da modificación da lei do solo

O Concello convoca unha charla informativa en Francos o martes 13 de decembro ás 20:00 horas para informar das modificacións da lei do solo e como pode afectar ás futuras solicitudes da empresa Toysal. 

A xuntanza contará coa presenza do alcalde, Rafael Sisto. 

No último pleno xa se aprobou unha moción  sobre este tema na que se alertaba da importancia do cambio normativo que se está impulsando no Parlamento na tramitación da lei de acompañamento aos orzamentos. 

Os cambios na lei do solo abren a posibilidade a instalar plantas de xestión de residuos de titularidade privada en solo rústico, o que pode afectar directamente á canteira da Casalonga e abrir a porta a que Toysal volva tramitar unha solicitude de instalación de planta de tratamento de residuos. 

Francos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento