Visitas teatralizada na ruta da Batalla de Cacheiras. Persoas adultas.

quinquilláns

Turismo Os Quinquilláns ofrecen rutas dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras nas fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. A ruta ten 9 quilómetros polo que se oferta unha ruta para persoas adultas, dende Bamonde ata Montouto, cun autobús de volta ao remate da andaina e outra ruta máis curta para familias na que só se chega ao Recobio nun tramo de algo máis de quilómetro e medio. Durante o percorrido o actor e actriz dos Quinquilláns farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontemento histórico. 

O 28 de agosto temos ruta para persoas adultas. Os grupos serán de quince persoas e a saída farase ás 10:00 horas dende a Reitoral de Bamonde. Hai que levar roupa e calzado cómodos para andar.

Para participar é preciso inscribirse e podes facelo premendo aquí.