Visita teatralizada na ruta da Batalla de Cacheiras. Persoas adultas.

quinquilláns

Nos meses de outono continúan as visitas teatralizadas na ruta da Batalla de Cacheiras programadas por Turismo e coa participación dos Quinquilláns. A próxima saída será o domingo 21 de novembro ás 10:00 horas e está indicada para persoas adultas acostumadas a andar. A ruta ten 9 quilómetros, dende Bamonde ata Montouto, cun autobús de volta ao remate da andaina. Durante o percorrido o actor e actriz dos Quinquilláns farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontemento histórico. 

A actividade é de balde pero para participar é preciso inscribirse e podes facelo premendo aquí

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos para andar.