O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Visita guiada pola Tomada

O 5 de xuño, día do Medio Ambiente, celebrarémolo recoñecendo a Tomada, unha carballeira en Calo que se recuperou nos últimos meses e que xa está lista para o desfrute da cidadanía. Nesta xornada "inaugural" farase unha visita guiada cun educador ambiental que nos ensinará o espazo e nos amosará este espazo como lugar de escoita de paxaros e nos achegará ás especies vexetais que podemos atopar. A sesión será ás 18:30 horas e para participar hai que escribir ao correo-e turismo@teo.gal.

 

whatsap
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento