VIII Andaina nocturna ós petróglifos. Solpor no Piquiño.

monte piquiño

Continúa en agosto a  VIII edición das andainas nocturnas ós petróglifos teenses que se organizan en colaboración co Colectivo A Rula. 

O 13 de agosto farase unha ruta para ver o solpor no Piquiño e o punto de encontro para o grupo é o campo da festa de Luou ás 20:00 horas. 

A ruta é duns 5 quilómetros e ten unha duración aproximada de entre dúas e tres horas. Hai 25 prazas e para asistir hai que chamar ao Departamento de Cultura (981.941.063) ou escribir a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas asistentes e un teléfono de contacto.