O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

VIII Andaina nocturna ós petróglifos. Gravados na Fraga.

Remata en setembro a programación da VIII edición das andainas nocturnas ós petróglifos teenses que se organizan en colaboración co Colectivo A Rula. 

O 10 de setembro farase a ruta polos Gravados na Fraga e o punto de encontro para o grupo será a igrexa de Santa María de Teo ás 21:00 h

A ruta é duns 5 quilómetros e ten unha duración aproximada de entre dúas e tres horas. Hai 25 prazas e para asistir hai que chamar ao Departamento de Cultura (981.941.063) ou escribir a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas asistentes e un teléfono de contacto. 

 

 

mallos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento