Tiruleque teatro pecha o segundo Circuíto Galego de Teatro Amador en Teo

teatro amador

O segundo Circuíto Galego de Teatro Amador organizado por A Tequerreté Teatro en colaboración coa Concellaría de Cultura de Teo pecha este ano coa obra A Farsa do Maitre Pathelín de Tiruleque Teatro. Será o domindo 24 de outubro ás 19:00 horas e trátase dunha peza para todos os públicos.

A obra será no Auditorio Municipal Constante Liste e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas que van asistir así coma un teléfono de contacto.