O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teatro familiar con "Duncan de palleiro"

O venres 17 temos teatro familiar no Auditorio Constante Liste coa peza Duncan de palleiro de Lila Teatro. A función comeza ás 19:00 horas e está recomendada a partir dos 3 anos.

É de balde e se queres asistir debes solicitar os convites escribindo a entradascultura@teo.gal especificando a actividade á que desexas ir, nome, apelidos e DNI das persoas asistentes así como un teléfono de contacto e o número de entradas que precisas, cun máximo de 4. Terán preferencia as persoas empadroadas en Teo.

Esta actividade está realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia

dun can de palleiro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento