O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teatro: "Crónicas de Ouro" de Vicus teatro en Cacheiras

O sábado 2 de outubro Vicus teatro presenta a peza Crónicas de Ouro na Mediateca do Grilo ás 12:00 horas. Un actor e un músico do século XVI están perdidos no mundo actual. Viaxan facendo as súas funcións. A súa compañía deixounos tirados, pero teñen que buscarse a vida igual para facer os clásicos que dende sempre foron gusto do público nas prazas. A creatividade e a supervivencia van da man, coa literatura como fiel aliada. Unha comedia tola para coñecer aquel mundo das letras.

A peza está dirixida a público xeral e é de balde.

Actividade organizada en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia dentro do programa Ler Conta Moito.

 

teatro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento