Ruta teatralizada na ruta da Batalla de Cacheiras. Persoas adultas.

ruta quinquilláns

Nos meses de outono continúan as visitas teatralizadas na ruta da Batalla de Cacheiras programadas por Turismo e coa participación dos Quinquilláns. A próxima saída será o domingo 12 de decembro ás 10:00 horas e está indicada para persoas adultas acostumadas a andar. A ruta ten 9 quilómetros, dende Bamonde ata Montouto, cun autobús de volta ao remate da andaina. Durante o percorrido o actor e actriz dos Quinquilláns farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontemento histórico. 

A actividade é de balde pero para participar é preciso inscribirse e podes facelo premendo aquí

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos para andar.