O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Redrum Teatro presenta na Ramallosa "Un home con lentes de pasta"

A compañía Redrum Teatro presenta este venres 24 de setembro a súa nova comedia "Un home con lentes de pasta" no Auditorio Municipal Constante Liste da Ramallosa. Será ás 21:00 horas. Está dirixida a público adulto. A entrada ten un custe de 7 euros con previa reserva enviando un correo electrónico a info@redrumteatro.com. 

Esta obra,estreada en Barcelona no 2010, recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011

Trátase dun espectáculo de produción allea ao Concello. 

 

 

Un home con lentes de pasta
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento