Recupérase o servizo de asesoramento eléctrico

servizo asesoramento eléctrico

Coa chegada de xaneiro, o martes 12, recupérase o Servizo de asesoramento eléctrico. O persoal técnico atenderá os martes de 10:00 a 12:00 horas na sala de xuntas, no primeiro andar. O servizo é de balde e pode acudir a el calquera persoa de Teo para consultar dúbidas sobre a súa factura eléctrica, tipo de contrato ou temas coma o bono social... Tendo en conta o contexto covid tamén se habilitou un correo-e de contacto (pie@teo.gal) ao que se pode escribir e así evitar desprazamentos.