Ráfting no Ulla

Móllate

Deportes programa actividades acuáticas para xullo, caiac e ráfting no río Ulla. O ráfting farase o xoves 29 de xullo ás 16:00 horas e o punto de encontro dos participantes será as instalacións Amextreme en Ribadulla, Carcacía. Está dirixido a persoas maiores de 12 anos que saiban nadar. Ten un custe de 5 euros e para participar hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica ata o 16 de xullo.

Máis información sobre o programa Móllate  premendo aquí