O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proxección do documental Noite irisada

O vindeiro venres 25 de xuño as 19:30, na biblioteca dos Tilos, teremos a proxección do documental Noite irisada, dirixido por Bea Campaña, e que recolle a loita polos dereitos das persoas diversas sexualmente con testemuñas das protagonistas o que constitúe o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega. A película recolle a historia dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador coa data de referencia do 28 de xuño de 1981 en que se desenvolve en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego.

Para asistir hai que inscribirse enviando un correo-e a cim@teo.gal ou chamando ao 981938475. 

noite irisada
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento