Pakolas estará na Burga de Xermeade. Festival Atlántica.

Pakolas

Dentro da programación do Festiva Atlántica o sábado 10 de xullo ás 20.30 h. na Burga de Xermeade teremos a Paco Cerdeira Pakolas (Galicia) que presenta a súa Ramona Órbita, a dona do tempo. Neste espectáculo Pakolas preséntanos o seu último libro disco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (agosto 2020). Neste novo traballo contará e cantará a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Está dirixido a público infantil e familiar e para asistir hai que reservar entrada enviando un correo-e a entradascultura@teo.gal. Duración: 60 minutos. 

Máis información sobre o Festival en Teo premendo aquí