O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os nenos da variola no Auditorio Municipal Constante Liste

O Grupo de Teatro Pérez&Fernández presenta Os nenos da variola, adaptación da novela de María Solar. Con catro nominacións ós Premios María Casares, foi elexida como Mellor espectáculo infantil. Tamén recibiu o III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña (2021).

Obra para todos os públicos (dende 8 anos) será no Auditorio Municipal Constante Liste ás 19:00 horas e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas que van asistir así coma un teléfono de contacto. 

Os nenos da variola no Auditorio Constante Liste
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento