Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico

Observación do ceo no patrimonio arqueolóxico de Teo

Cultura programa unha nova xornada de observación do ceo nocturno no patrimonio arqueolóxico de Teo. Será o 14 de agosto ás 21:30 horas e será unha sesión de astronomía cultural no Petróglifo da Pena Bicuda. A duración da actividade é de tres horas aproximadamente e o punto de encontro é a Carballeira da igrexa de Luou. Recoméndase roupa axeitada para andar e algo para sentar ou pousar no chan. 

Para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 941 063 ou enviando un correo-e a entradascultura@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto. 

Mais información sobre a programación da Verbena cultural en agosto premendo aquí

observación
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento