Obradoiro de conservas e mermeladas

mermeladas

Dende a Concellaría de Cultura en colaboración coa Horta de Dubra ponse en marcha no mes de setembro ata o 1 de outubro, un obradoiro de conservas e mermeladas  que se desenvolverá no Local da Asociación de Mulleres Rurais de Teo en Bamonde. Nel as asistentes aprenderán a transformar os alimentos frescos de tempada en conservas caseiras e artesanais para consumilos o resto do ano. O curso será os días 21, 24 e 28 de setembro e o 1 de outubro de 17:00 a 20:00 horas. 

Se queredes máis informacións ou inscribirvos, podedes facelo escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao 981.941.063.