O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Festival Atlántica estará na Carballeira de Francos

Dentro da programación do Festiva Atlántica o xoves 8 de xullo ás 21:00 h na Carballeira de Francos teremos a José Luis Gutiérrez "Guti" e Leticia Ruifernández (Zamora) co seu Caderno de voces. Trátase dun espectáculo de presentación da viaxe á Raia e ao Poñente zamorano. Achegarannos a historia de vinte residentes da terra fronteiriza, "palabras e memoria ao borde do esquecemento nunha contorna que se extingue".  É un contacontos para público adulto e para asistir hai que reservar entrada enviando un correo-e a entradascultura@teo.gal. Máis información sobre o Festival en Teo premendo aquí

festival atlantica
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia