Música e maxia en Bamonde o 15 de agosto

maxia

A verbena cultural leva música e maxia a Bamonde o 15 de agosto. En colaboración coa Asociación de veciños da parroquia o domingo 15 ao mediodía celébrase un concerto da Banda de Música Cultural de Teo no campo da festa. Pola tarde, ás 20:00h na mesma ubicación haberá sesión de maxia co mago Paco e o seu espectáculo familiar Hocus Pocus. A actividade será de balde e o aforo será acotado e a entrada farase por orde de chegada.

 

banda