Mostra "Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela"

kukas

A mostra "Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela", que estará en Teo ata o 9 de abril, achéganos un anaco do patrimonio cultural e humano sobre a Ruta Xacobea a través do traballo realizado pola compañía teatral Kukas avalada polos seus anos de experiencia profesional. A exposición inclúe a instalación de monicreques con fíos e decorados da versión da obra "Don Gaiferos", estreada con motivo do Xacobeo 93, con deseños orixinais das diferentes versións da peza así como as planas do cómic elaborado naquel ano por Marcelino de Santiago Kukas e Agustín de Castro (Gus) na que se narra a viaxe do peregrino francés polo Camiño de Santiago. As persoas que visiten a exposición poderán levar de agasallo un exemplar da reedición desta interesante obra de banda deseñada.

A exposición, instalada no Auditorio Municipal Constante Liste, poderase ver nos seguintes horarios:

  • Xoves 1 e venres 2 de abril: de 11:00 horas a 13:00 horas. 
  • Dende o luns 5 ao venres 9 de abril: de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 17:00 horas a 19:00 horas.

Esta mostra conta co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.