O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Magosto de Apego

Castañas, xogos tradicionais e contos do carballo con botas

Sábado 13 de novembro ás 16.30 h.

Carballeira de Francos, Calo

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Magosto de Apego é unha actividade para realizar en familia, baixo unha carpa situada na Carballeira de Francos, Calo. Nela, ademais de castañas asadas para as asistentes, haberá xogos tradicionais e dúas sesións de contos do Carballo con botas.

Prazas limitadas a 40 familias, de balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 8 de novembro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI, no caso de telo, ao enderezo-e lingua@teo.gal

magosto
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento