O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Intervención asistida con cans para o fomento da autoestima nas mulleres

Desde o luns 16 de agosto está aberto o prazo para a inscrición neste obradoiro, xa que o número de participantes é limitado e a inscrición realizarase por orde de chegada a través do teléfono 981 938 475 ou do correo cim@teo.gal.

O obradoiro está dirixido a mulleres do Concello de Teo e dentro dos obxectivos que se pretenden acadar están o de promover o respecto, coidado e manexo dos animais, así como fomentar a autoestima e o apoderamento das mulleres.

O obradoiro impartirase na Casa Común de Rarís os martes e venres entre o 14 e o 28 de setembro e comezará ás 17:00 h, aínda que o horario vai a depender tamén do número de participantes.

O obradoiro está impartido por profesionais da saúde e da educación canina.

Autoestima cans
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento