Inscrición no obradoiro de autoestima

cartel autoestima

O Centro de Información Muller de Teo abre a inscrición para o “Obradoiro de autoestima para mulleres”  que se realizará en abril. Terá lugar os mércores e venres dende o 7 ao 30 de abril en horario de 18:00 a 19:30 h na Casa Común de Oza. Haberá servizo de canguraxe previa solicitude e cun mínimo de solicitudes. Para anotarse nesta actividade, na que se garantirán todas as medidas de seguridade e normas relacionadas coa pandemia da Covid-19, hai que inscribirse ata o 26 de marzo no teléfono 981 938 475 ou no correo-e cim@teo.gal. 

Dende o servizo adiantan que no mes de maio se fará un obradoiro de "Educación afectiva e sexual" para o que se poderá facer a inscrición do 12 ao 29 de abril. Este taller será os martes e xoves de 18:00 a 20:00 horas na Casa Común de Oza.