O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

"Eu queríame casare" na Ramallosa

O sábado 27 teremos o espectáculo Eu queríame casare de Dinamo Producións con Pedro Brandaríz e Lucía Veiga. Será ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste. Trátase dunha comedia que relata a historia de dous auténticos perdedores, Antón e Lola, que buscan a súa oportunidade no amor. Está dirixida a público adulto. 

A entrada é de balde pero o aforo é limitado polo que hai que reservar enviando un correo-e a: entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais e un número de teléfono de contacto. 

casar
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento