A escola de teatro municipal presenta Cyrano de Bergerac

aula teatro Teo

O domingo 6 de xuño preséntase no Auditorio Municipal a obra Cyrano de Bergerac, peza montada dende a Escola de teatro municipal. Será ás 19:00 horas. O aforo é limitado polo que para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao teléfono 881956010.

Segundo indican dende o Departamento de Cultural este ano contouse con 2 grupos nos que participaron un total de 24 alumnos e alumnas. As clases fixéronse unha parte presencial e a outra a través da conexión en liña polo que houbo que trasladar os ensaios dos escenarios ás casas para continuar as clases e para non perder o efecto do directo nin o ritmo dos ensaios. Pero como sempre acadárono, co bo facer dos seus directores Fran Rei e Fran Campos e o compromiso dos grupos. O domingo poderemos desfrutar do seu traballo enriba dun escenario.