Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
O 22 de maio ás 19:00 horas teremos un contacontos para público familiar en Luou da man de David Orihuela, mestre dos obradoiros de artes plásticas do Concello. Na sesión, que se fará na carballeira de Luou, poderemos coñecer a historia de "O gato Chiki" de Dornavela Edicións. Para asistir hai que reservar entrada a través do correo electrónico entradascultura@teo.gal. Esta actividade faise en colaboración coa Asociación A Mámoa de Luou.