Concerto familiar: O Pozo das Señoras en Rarís

o pozo das señoras

Este venres 24 a Concellaría de Cultura programa un concerto familiar no campo da festa de Rarís, "O Pozo das Señoras" con Vero Rilo e Sonsoles Penadique. A entrada hai que reservala escribindo a entradascultura@teo.gal. No caso de que non se completen as prazas poderase entrar por orde de chegada ata completar aforo dando os datos persoais na entrada con máscara obrigatoria. 

Actividade realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.