O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto de Xoán Curiel na Burga

Xoán Curiel presenta o seu novo disco, Treides comigo!, en Teo. Será o 27 de agosto na Burga de Xermeade ás 19:00 horas. A actuación contará coa participación de Iris Gey. A entrada é de balde pero hai que reservar no teléfono 981.941.036 ou escribindo a entradascultura@teo.gal. Máis información sobre esta actuación premendo aquí

Esta actuación forma parte da programación da Concellaría de Cultura do mes de agosto e é parte do programa Cultura no Camiño. 

Se queres coñecer a programación da Verbena cultural no mes de agosto podes consultala aquí

Xoán Curiel
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento