Aviso de corte de auga por tarefas de mantemento

auga

Augas de Teo informa que mañá martes 19 de outubro, haberá cortes no subministro de auga por tarefas de mantemento na rede de distribución, entre as 22:00 e as 02:00 horas. Os cortes afectarán ás parroquias de Calo, Luou, Oza, Cacheiras, Lucí e Recesende. O horario é orientativo, restablecendo o subministro unha vez rematen os traballos previstos. Desculpen as molestias.