O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Autocine en Lampai co Rei león

O día 15 de agosto teremos sesión de autocine en Lampai. A función comeza ás 22:00 horas no campo de fútbol de Lampai e poderase ver a película O rei león. Para asistir hai que reservar as entradas escribindo a autocinecultura@teo.gal ou chamando ao 981.941063. Esta actividade faise en colaboración coa Asociación de veciños Sampaio de Lampai, polo que tamén se poden reservar con eles as entradas.

 

Autocine en Lampai co Rei León
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia