APRAZADA. Obradoiro de estimulación musical para familias

estimulación musical

Aprázase esta actividade por cuestións organizativa e programarase para outra data no mes de setembro. 

Cultura presenta un Obradoiro de crianza musical en galego para familias. A actividade estaba prevista para o sábado 3 de xullo no Auditorio Municipal Constante Liste ás 11:00 horas e forma parte da programación da Verbena cultural do verán. Trátase dunha xornada de estimulación musical para nenos e nenas dende os 0 anos. As crianzas poderán estar acompañadas do/a pai/nai, irmáns...

Para asistir hai que anotarse no correo-e entradascultura@teo.gal especificando o número de integrantes e idades de cada familia. O aforo máximo é de 10 familias. 

Podes consultar a axenda completa da Verbena cultural premendo aquí