O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Apego: Recoñecendo A Tomada cos 5 sentidos

Acompañada polo doutor Merlo, educador ambiental

5 de xuño en 3 quendas: 11.00, 11.30 e 12.00 h

Carballeira da Tomada

Paseo pola Tomada, na compañía do doutor Merlo, educador ambiental, para descubrir este espazo recén recuperado como lugar de escoita de paxaros, procura de flores e busca de agochos naturais para xogar coidando a natureza.

 

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Prazas limitadas a 28 persoas, en 3 quendas, de balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 1 de maio, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI, no caso de telo, ao enderezo-e lingua@teo.gal

Tomada
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento