Servizo de asesoramento eléctrico

servizo de asesoramento eléctrico

O martes 19 teremos o servizo de asesoramento eléctrico de de 10:00 a 12:00 horas no Salón de plenos. O servizo é de balde e pode acudir a el calquera persoa de Teo para consultar dúbidas sobre a súa factura eléctrica, tipo de contrato ou temas coma o bono social... Tendo en conta o contexto covid tamén se habilitou un correo-e de contacto (pie@teo.gal) ao que se pode escribir e así evitar desprazamentos.