O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta para a recollida de herbas de San Xoán. PRAZAS ESGOTADAS.

PRAZAS ESGOTADAS. O martes 16 quedaron cubertas as prazas das dúas quendas para a recollida de herbas de San Xoán. 

Nova quenda ás 18:30 horas (editado o 15 de xuño de 2020)

Nos primeiros días cubríronse as 20 prazas deste roteiro polo que se acordou realizar unha nova saída ás 18:30 horas. O horario das 17:00 horas está cuberto pero as persoas interesadas poden anotarse para o novo horario enviando un correo electrónico a politicalinguistica@teo.gal. 

O martes 23 de xuño, na véspera de San Xoán, realizarase a Ruta das Muiñeiras, pola parroquia de Luou, para realizar a recollida das herbas de San Xoán. A recollida das herbas de San Xoán é unha tradición baseada na crenza de que lavar a cara con elas no día de San Xoán reconforta as persoas debido ás súas propiedades máxicas. Para facelo con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense servirá está ruta guiada polo educador ambiental Tino Quintela. As persoas que acudan comezarán o solsticio de verán purificadas!
É necesaria inscrición previa enviando o nome completo e DNI das persoas que desexen acudir ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal.

ruta
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia