Ruta: Os segredos de Teo

Ruta os segredos de Teo

A concellaría de Deportes programa unha ruta de sendeirismo para o domingo 19 de xullo. Baixo o título Os segredos de teo sairán da piscina da Ramallosa ás 10 horas e percorrerán os seguintes lugares: Castro en Lucí, Vilariño, Pite, fonte da Florida, ponte nova de Rarís, rego de Sestelo para rematar de novo na Ramallosa. Será un percorrido de dificultade baixa de 10 quilómetros. Para participar na ruta hai que anotarse enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal ou chamando ao 981.815.700.