Reunión informativa para pais e nais das escolas infantís de Calo e Os Tilos

escola infantil

O departamento de Benestar convoca unha reunión informativa dirixida aos pais e nais dos usuarios/as das escolas infantís de Calo e Os Tilos para o vindeiro curso escolar que comeza en setembro. A xuntanza será o luns 31 de agosto ás 19:30 horas no auditorio da Ramallosa para as familias das escola de Calos e Os Tilos e está dirixida a todos os cursos. Neste encontro informarase do funcionamento e protocolos previstos para o curso 2020/21 en relación á prevención do COVID 19.