Os romeiros do caracol

romeiros

Os romeiros do caracol, de Fantoches Baj, o mércores, 11 de novembro ás 12 h no Auditorio Constante Liste

Os irmáns Quintá viaxan nun enorme caracol vivenda no que contan e cantan as cancións e as lendas de San Andrés de Teixido.

Prazas limitadas a 30 persoas, de balde con inscrición previa,  As inscricións poden realizarse desde o 3 de novembro, por orde de entrada, enviando o nome completo e o DNI, no caso de telo, das persoas asistentes ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal.