O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A concellaría de Cultura organiza dúas observación astronómica no patrimonio arqueolóxico de Teo, concretamente no Petróglifo da Pena Bicuda. Serán o venres 17 de xullo ás 22:00 horas e sábado 8 de agosto ás 21:30 horas. A duración prevista é de tres horas e o punto de encontro será a Carballeira da igrexa de Luou. Para participar hai que anotarse chamando ao Departamento de Cultura ao 981.815.700 e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición con preferencia para as persoas empadroadas en Teo. Recoméndase roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chan.