Observación astronómica no Monte da Grela

observación astronómica

O venres 7 de agosto realizarase unha observación astronómica no monte da Grela, en Lampai.  O punto de encontro ás 21:00 horas será a Casa Común de Lampai onde se falará sobre Os meteoros e as perseidas antes de facer a observación. Para participar nesta actividade hai que anotarse enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal. No asunto da mensaxe indicarase: Observación 7 de agosto. E no texto da mensaxe hai que indicar os datos persoais do/a participante e un número de teléfono de contacto. Esta observación forma parte do programa A astronomía nas Rutas Xacobeas impulsado polo Observatorio Ramón María Aller da USC co que o Concello de Teo leva anos colaborando.