Obradoiro de musicoterapia para mulleres

musicoterapia

O CIM programa un obradoiro de musicoterapia dirixido a mulleres. A actividade será todos os luns e mércores de setembro de 10.30 a 12.30 horas no Auditorio Constante Liste e comezará o 7 de setembro. É de balde e as mulleres interesadas poden anotarse enviando un correo electrónico a cim@teo.gal ou chamando ao teléfono 981 938 475. Máis información sobre as actividades do CIM premendo aquí